Mostrando entradas con la etiqueta refráns. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta refráns. Mostrar todas las entradas

viernes, 19 de abril de 2013

O REFRANEIRO


A tradición oral galega está chea de ditos, refráns e cantigas que se transmiten de xeración en xeración.

Estas manifestacións verbais transmiten uns coñecementos sobre a experiencia colectiva ao longo do tempo.

Dende o equipo de normalización lingüística propuxemos a creación dun “refraneiro” para os diferentes meses do ano.

 
XANEIRO (Esteban Vázquez)

FEBREIRO (Eva Martínez)




MARZO (Raquel Ríos)

ABRIL (Carolina Raboso)


MAIO (Mauro Ruíz)

XUÑO (Fernando Francia)

XULLO (Ana Gómez)

AGOSTO (Martín Aparicio)


SETEMBRO (Iria Pardo)

OUTUBRO (Marta Miño)

NOVEMBRO (Olga Riveiro)

DECEMBRO (Patricia Doval)


miércoles, 17 de octubre de 2012

Cantigas ,poemas e refráns do outono






Aquí témolo magosto
que viva a festa rachada
os meniños desta escola
farán hoxe a castañada

Señora María, señor Manuel
Castañas asadas, que saben moi ben
que saben moi ben, que saben moi ben,

Señora María, señor Manuel.
________
A castaña no ourizo
quixo rir e regañou
caeu do castaño embaixo
mira ti o que gañou.

___________
O carballo bota landras
e o castiñeiro ourizos
para ser muller casada
tes ben pouco xuízo 

________
Canta cuco, canta cuco
na galla do castiñeiro
coa machadiña na man
aprendendo á carpinteiro
________

Non chas quero, non chas quero,
Castañas do teu magosto,
Non chas quero non chas quero,
que me cheiran ó chamosco

_______
Santiña do Soutarelo
bota castañas embaixo
aunque non teña mantelo
collereinas no refaixo

________
Santo que estás no canizo
bota castañas embaixo
que anque non teño candil
acadochas no refaixo

_________
Mociños de aló arriba
videvos ó fiadeiro
que vos hei de dar castañas
cando eu seña catiñeiro

__________
Miña nai, doime a barriga
-Miña filla, confesión.
As castañas que comiche
¿de qué castiñeiro son?

__________
A castaña no ourizo
quixo rir e reventou:
caendo castiro abaixo,
mira que golpe levou!
____________

Castañas asadas
e viño con mel;
e a miña señora
detrás do tonel.

____________
Moza que estás no canizo
Bota castañas abaixo,
Anque non teña madil
Acadochas no refaixo.

____________
Monxe que estás no canizo
Tira castañas para baixo,
tírame das máis grandiñas
que as pequenas non me baixo.

____________
Acabáronse as vendimas
E veñen as esfolladas,
Para comer coas mozas
Catro castañas asadas.

REFRÁNS:
Castañas, noces e viño, fan as delicias doSan Martiño

Polo San Martiño, atesta o viño, deixa a auga
e come castañas e viño