Mostrando entradas con la etiqueta video. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta video. Mostrar todas las entradas

lunes, 6 de mayo de 2013

INFORMATIVO sobre ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Telexornal Vidal Bolaño
Este informativo realizado nos estudos do CPI Os Dices (Rois) e repasa a traxectoria do autor.
Realización: Luís Aldegunde - CPI Os Dices (Rois)
Está dirixido a  alumnos do 3º ciclo
Despois  de  ver o informativo podedes encher o cuestionario, facendo clic na palabra



lunes, 22 de octubre de 2012

Un conto de bruxas para Samaín :"A bruxa regañadentes"

E  se queredes pasar un pouco de medo aquí  tedes un conto con bruxas , algo moi axeitado para  a  época  do Samaín.É un dos contos do camiño emitidos na TVG: " A BRUXA  REGAÑADENTES"

Canción de "corre, corre cabaciña"


É  despois  de  escoitar o conto  podedes  cantar  a  canción

Conto de "Corre, corre cabaciña"

Este conto vai dirixido para os mais pequerrechos . É  a historia de como unha  velliña  se salva  grazas  a unha  cabaza.

A castaña galega e o marrón glacé

Neste video podedes  ver unha roportaxe sobre  a  castaña galega , dende  que  cae   ao chan  ata   que  se converte  nun  postre  moi  apreciado en todas partes : o "marron glacé"

viernes, 19 de octubre de 2012

Outra canción "O Samaín"

Escoitade o video da canción  e  se queredes  aprendela  tedes  a  letra  debaixo





Era noite de trebón
nun vello e mouro castelo,
a auga caía a chuzos
e os lóstregos a miles.


Oes dentro un barullo
de alaridos e lamentos,
era noite de trebón
nun vello e mouro castelo.

Bule, bule, bule, bule,
bailan, bailan os espectros,
bailan, bailan esqueletes,
sapos, monstros e morcegos.

Bailan, bailan as pantasmas,
monstros, bruxas e curuxas.
Bule, bule que aínda é cedo
e hoxe toca pasar medo.


Bule, bule, bule, bule,
bailan, bailan os espectros,
bailan, bailan esqueletes,
sapos, monstros e morcegos.
 Bailan, bailan as pantasmas,
   monstros, bruxas e curuxas.
  Bule, bule que aínda é cedo
    e hoxe toca pasar medo

jueves, 18 de octubre de 2012

Canción do Samaín


Caldo de castañas

Probachedes algunha vez o caldo de castañas? Se non é  asi, aquí tedes un video para  aprender  a  facelo.
Disfrutade

Recollendo castañas e comendo

Aquí vedes  aos larpeiros de Galicia recollendo castañas  e  despois  facendo unha  receta de polo con castañas. Aquí tedes  a  receta por  se o queredes  facer .

miércoles, 25 de abril de 2012

Asterix e as doce probas (4)

Neste  episodio  Asterix  e Obelix  teñen  que pasar máis probas , entre  elas  entrar no  antro dunha  besta   e comer todo o que lles poñan diante .Sabedes  que  intentará  comer  todo?

Os contos do camiño : "E que podo facer eu?"

viernes, 20 de abril de 2012

martes, 17 de abril de 2012

Telexornal Paz Andrade

Este vídeo foi feito polos  alumnos do CIP dos Dices (Rois, A Coruña)sobre  Valentín Paz Andrade . Fenomenal traballo.

jueves, 12 de abril de 2012

Asterix e as doce probas (3)

Esta  é  a  terceira parte da película  Asterix  e  as  doce pobas, e veredes  que  ocorre  cando  teñen  que  cruzar un lago .


sábado, 7 de abril de 2012