Dende a Secretaría xeral de Política Lingüística achégannos este enlace con moita información e actividades elaborados polos distintos centros para celebrar os día das Letra Galegas e a figura de Valentín Paz Andrade. Facede clic no debuxo e iredes á páxina onde atoparedes as actividades.
Mostrando entradas con la etiqueta letras galegas 2012. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta letras galegas 2012. Mostrar todas las entradas
lunes, 14 de mayo de 2012
viernes, 20 de abril de 2012
martes, 17 de abril de 2012
Telexornal Paz Andrade
Este vídeo foi feito polos alumnos do CIP dos Dices (Rois, A Coruña)sobre Valentín Paz Andrade . Fenomenal traballo.
Lim Valentín Paz Andrade (2)
Dispoñemos doutro libro lim de Valentín Paz Andrade elaborado polos compañeiros do CEIP Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras.
sábado, 31 de marzo de 2012
Lim Valentín Paz Andrade (1)
Xa sabedes que o 17 de maio celébrase O DÍA DAS LETRAS GALEGAS . Este ano está dedicado a VALENTÍN PAZ ANDRADE .Aquí vos deixamos un enlace sobre un lim con actividades sobre este día e o autor homenaxeado.
Esta actividade foi feita por Filomena Manzano Laso . Gracias por facela e compartila.
Páxina de Valentín Paz Andrade
Este debuxo ten un enlace que vos permitirá visitar doadamente a páxina de Valentín Paz Andrade, onde podedes encontrar a súa biografía, fotos, anacos da súa obra, as últimas noticias relacionadas co autor..
Video Valentín Paz Andrade
Se queredes saber mái sobre o Valentín Paz Andrade aquí vos deixamos un video que emitíu a TVG en no ano 2002 no espazo “Galegos de Honra”.
O programa está realizado con imaxes do arquivo de TVG en que Paz Andrade, de viva voz, evoca as influencias que recibiu na súa mocidade do intelectual galeguista Alfonso Rodríguez Castelao, e tamén de seu tío, o poeta Juan Bautista Andrade.
No programa “Galegos de Honra” tamén participa seu fillo, Alfonso Paz-Andrade, que evoca a figura de seu pai.
Actividades Letras Galegas 2012
Aquí tedes un enlace coas actividades preparadas polo SEMINARIO GALAN sobre VALENTIN PAZ-ANDRADE, se facedes click na imaxe podedes descargalas. Son actividades estupendas coma sempre. Ademais das actividades para facer en papel tamén elaboraron actividades para facer en liña. Gracias por este traballo maravilloso.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




