Aquí témolo magosto
que viva a festa rachada
os meniños desta escola
farán hoxe a castañada
Señora María, señor Manuel
Castañas asadas, que saben moi ben
que saben moi ben, que saben moi ben,
Señora María, señor Manuel.
________
A castaña no ourizo
quixo rir e regañou
caeu do castaño embaixo
mira ti o que gañou.
A castaña no ourizo
quixo rir e regañou
caeu do castaño embaixo
mira ti o que gañou.
___________
O carballo bota landras
e o castiñeiro ourizos
para ser muller casada
tes ben pouco xuízo
________
Canta cuco, canta cuco
na galla do castiñeiro
coa machadiña na man
aprendendo á carpinteiro
________
Non chas quero, non chas quero,
Castañas do teu magosto,
Non chas quero non chas quero,
que me cheiran ó chamosco
_______
Santiña do Soutarelo
bota castañas embaixo
aunque non teña mantelo
collereinas no refaixo
________
Santo que estás no canizo
bota castañas embaixo
que anque non teño candil
acadochas no refaixo
_________
Mociños de aló arriba
videvos ó fiadeiro
que vos hei de dar castañas
cando eu seña catiñeiro
__________
Miña nai, doime a barriga
-Miña filla, confesión.
As castañas que comiche
¿de qué castiñeiro son?
__________
A castaña no ourizo
quixo rir e reventou:
caendo castiro abaixo,
mira que golpe levou!
____________
Castañas asadas
e viño con mel;
e a miña señora
detrás do tonel.
____________
Moza que estás no canizo
Bota castañas abaixo,
Anque non teña madil
Acadochas no refaixo.
____________
Monxe que estás no canizo
Tira castañas para baixo,
tírame das máis grandiñas
que as pequenas non me baixo.
____________
Acabáronse as vendimas
E veñen as esfolladas,
Para comer coas mozas
Catro castañas asadas.
REFRÁNS:
Castañas, noces e viño, fan as delicias doSan Martiño
Polo San Martiño, atesta o viño, deixa a auga
e come castañas e viño
No hay comentarios:
Publicar un comentario