E se queredes pasar un pouco de medo aquí tedes un conto con bruxas , algo moi axeitado para a época do Samaín.É un dos contos do camiño emitidos na TVG: " A BRUXA REGAÑADENTES"
lunes, 22 de octubre de 2012
Conto de "Corre, corre cabaciña"
A castaña galega e o marrón glacé
Neste video podedes ver unha roportaxe sobre a castaña galega , dende que cae ao chan ata que se converte nun postre moi apreciado en todas partes : o "marron glacé"
viernes, 19 de octubre de 2012
Outra canción "O Samaín"
Escoitade o video da canción e se queredes aprendela tedes a letra debaixo
Era noite de trebón
nun vello e mouro castelo,
a auga caía a chuzos
e os lóstregos a miles.
Oes dentro un barullo
de alaridos e lamentos,
era noite de trebón
nun vello e mouro castelo.
bailan, bailan os espectros,
bailan, bailan esqueletes,
sapos, monstros e morcegos.
Bailan, bailan as pantasmas,
monstros, bruxas e curuxas.
Bule, bule que aínda é cedo
e hoxe toca pasar medo.
Bule, bule, bule, bule,
bailan, bailan os espectros,
bailan, bailan esqueletes,
sapos, monstros e morcegos.
Bailan, bailan as pantasmas,
monstros, bruxas e curuxas.
Bule, bule que aínda é cedo
e hoxe toca pasar medo
jueves, 18 de octubre de 2012
Nova revista "OLLOS DA AULA"
A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística comenzou a editar unha nova revista dirixida ás familias. Chámase " OLLO DE AULA". Se facedes clic na imaxe poderedes descargala en formato pdf.
Caldo de castañas
Probachedes algunha vez o caldo de castañas? Se non é asi, aquí tedes un video para aprender a facelo.
Disfrutade
Castiñeiros, castañas e magostos
Sabes o que é unha Caraboleca?. E unha Bullada?
Se o queres saber le a seguinte información sobre os castiñeiros, as castañas e os magostos.
Se o queres saber le a seguinte información sobre os castiñeiros, as castañas e os magostos.
Recollendo castañas e comendo
Aquí vedes aos larpeiros de Galicia recollendo castañas e despois facendo unha receta de polo con castañas. Aquí tedes a receta por se o queredes facer .
miércoles, 17 de octubre de 2012
Cantigas ,poemas e refráns do outono
Aquí témolo magosto
que viva a festa rachada
os meniños desta escola
farán hoxe a castañada
Señora María, señor Manuel
Castañas asadas, que saben moi ben
que saben moi ben, que saben moi ben,
Señora María, señor Manuel.
________
A castaña no ourizo
quixo rir e regañou
caeu do castaño embaixo
mira ti o que gañou.
A castaña no ourizo
quixo rir e regañou
caeu do castaño embaixo
mira ti o que gañou.
___________
O carballo bota landras
e o castiñeiro ourizos
para ser muller casada
tes ben pouco xuízo
________
Canta cuco, canta cuco
na galla do castiñeiro
coa machadiña na man
aprendendo á carpinteiro
________
Non chas quero, non chas quero,
Castañas do teu magosto,
Non chas quero non chas quero,
que me cheiran ó chamosco
_______
Santiña do Soutarelo
bota castañas embaixo
aunque non teña mantelo
collereinas no refaixo
________
Santo que estás no canizo
bota castañas embaixo
que anque non teño candil
acadochas no refaixo
_________
Mociños de aló arriba
videvos ó fiadeiro
que vos hei de dar castañas
cando eu seña catiñeiro
__________
Miña nai, doime a barriga
-Miña filla, confesión.
As castañas que comiche
¿de qué castiñeiro son?
__________
A castaña no ourizo
quixo rir e reventou:
caendo castiro abaixo,
mira que golpe levou!
____________
Castañas asadas
e viño con mel;
e a miña señora
detrás do tonel.
____________
Moza que estás no canizo
Bota castañas abaixo,
Anque non teña madil
Acadochas no refaixo.
____________
Monxe que estás no canizo
Tira castañas para baixo,
tírame das máis grandiñas
que as pequenas non me baixo.
____________
Acabáronse as vendimas
E veñen as esfolladas,
Para comer coas mozas
Catro castañas asadas.
REFRÁNS:
Castañas, noces e viño, fan as delicias doSan Martiño
Polo San Martiño, atesta o viño, deixa a auga
e come castañas e viño
A castiñeira: unha actividade LIM
A nosa compañeira Chelo envíanos un libro LIM de Ana Martínez Rey sobre a castiñeira pra realizar cos alumnos e alumnas .Podedes elixir o idioma, e facelo tanto en galego coma en castelán. Facede clic na imaxe.
martes, 16 de octubre de 2012
A vendima
Estamos en outono, época de castanas e de vendimar . Se queredes información aquí tedes un traballo que fixeron no CEIP Francisco Xavier da Coruña sobre a RIBEIRA SACRA e a VENDIMA. Se facedes clic na imaxe poderedes aprender e practicar o aprendido facendo as actividades que propoñen.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)