E se queredes pasar un pouco de medo aquí tedes un conto con bruxas , algo moi axeitado para a época do Samaín.É un dos contos do camiño emitidos na TVG: " A BRUXA REGAÑADENTES"
lunes, 22 de octubre de 2012
Conto de "Corre, corre cabaciña"
A castaña galega e o marrón glacé
Neste video podedes ver unha roportaxe sobre a castaña galega , dende que cae ao chan ata que se converte nun postre moi apreciado en todas partes : o "marron glacé"
viernes, 19 de octubre de 2012
Outra canción "O Samaín"
Escoitade o video da canción e se queredes aprendela tedes a letra debaixo
Era noite de trebón
nun vello e mouro castelo,
a auga caía a chuzos
e os lóstregos a miles.
Oes dentro un barullo
de alaridos e lamentos,
era noite de trebón
nun vello e mouro castelo.
bailan, bailan os espectros,
bailan, bailan esqueletes,
sapos, monstros e morcegos.
Bailan, bailan as pantasmas,
monstros, bruxas e curuxas.
Bule, bule que aínda é cedo
e hoxe toca pasar medo.
Bule, bule, bule, bule,
bailan, bailan os espectros,
bailan, bailan esqueletes,
sapos, monstros e morcegos.
Bailan, bailan as pantasmas,
monstros, bruxas e curuxas.
Bule, bule que aínda é cedo
e hoxe toca pasar medo
jueves, 18 de octubre de 2012
Nova revista "OLLOS DA AULA"
A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística comenzou a editar unha nova revista dirixida ás familias. Chámase " OLLO DE AULA". Se facedes clic na imaxe poderedes descargala en formato pdf.
Caldo de castañas
Probachedes algunha vez o caldo de castañas? Se non é asi, aquí tedes un video para aprender a facelo.
Disfrutade
Castiñeiros, castañas e magostos
Sabes o que é unha Caraboleca?. E unha Bullada?
Se o queres saber le a seguinte información sobre os castiñeiros, as castañas e os magostos.
Se o queres saber le a seguinte información sobre os castiñeiros, as castañas e os magostos.
Recollendo castañas e comendo
Aquí vedes aos larpeiros de Galicia recollendo castañas e despois facendo unha receta de polo con castañas. Aquí tedes a receta por se o queredes facer .
miércoles, 17 de octubre de 2012
Cantigas ,poemas e refráns do outono
Aquí témolo magosto
que viva a festa rachada
os meniños desta escola
farán hoxe a castañada
Señora María, señor Manuel
Castañas asadas, que saben moi ben
que saben moi ben, que saben moi ben,
Señora María, señor Manuel.
________
A castaña no ourizo
quixo rir e regañou
caeu do castaño embaixo
mira ti o que gañou.
A castaña no ourizo
quixo rir e regañou
caeu do castaño embaixo
mira ti o que gañou.
___________
O carballo bota landras
e o castiñeiro ourizos
para ser muller casada
tes ben pouco xuízo
________
Canta cuco, canta cuco
na galla do castiñeiro
coa machadiña na man
aprendendo á carpinteiro
________
Non chas quero, non chas quero,
Castañas do teu magosto,
Non chas quero non chas quero,
que me cheiran ó chamosco
_______
Santiña do Soutarelo
bota castañas embaixo
aunque non teña mantelo
collereinas no refaixo
________
Santo que estás no canizo
bota castañas embaixo
que anque non teño candil
acadochas no refaixo
_________
Mociños de aló arriba
videvos ó fiadeiro
que vos hei de dar castañas
cando eu seña catiñeiro
__________
Miña nai, doime a barriga
-Miña filla, confesión.
As castañas que comiche
¿de qué castiñeiro son?
__________
A castaña no ourizo
quixo rir e reventou:
caendo castiro abaixo,
mira que golpe levou!
____________
Castañas asadas
e viño con mel;
e a miña señora
detrás do tonel.
____________
Moza que estás no canizo
Bota castañas abaixo,
Anque non teña madil
Acadochas no refaixo.
____________
Monxe que estás no canizo
Tira castañas para baixo,
tírame das máis grandiñas
que as pequenas non me baixo.
____________
Acabáronse as vendimas
E veñen as esfolladas,
Para comer coas mozas
Catro castañas asadas.
REFRÁNS:
Castañas, noces e viño, fan as delicias doSan Martiño
Polo San Martiño, atesta o viño, deixa a auga
e come castañas e viño
A castiñeira: unha actividade LIM
A nosa compañeira Chelo envíanos un libro LIM de Ana Martínez Rey sobre a castiñeira pra realizar cos alumnos e alumnas .Podedes elixir o idioma, e facelo tanto en galego coma en castelán. Facede clic na imaxe.
martes, 16 de octubre de 2012
A vendima
Estamos en outono, época de castanas e de vendimar . Se queredes información aquí tedes un traballo que fixeron no CEIP Francisco Xavier da Coruña sobre a RIBEIRA SACRA e a VENDIMA. Se facedes clic na imaxe poderedes aprender e practicar o aprendido facendo as actividades que propoñen.
lunes, 17 de septiembre de 2012
Cancións en galego
Comezamos o curso cunha páxina de cancións infantís que nos recomenda a nosa compañeira Chelo. Se facedes clic na imaxe iredes directamente á páxina onde encontraredes anacos de cancións, videos etc...
martes, 22 de mayo de 2012
O San Martiño
Os alumnos de 3º B do noso centro fixeron unha investigación sobre cómo se celebra o SAN MARTIÑO e queren compartir con nós o que saben . Parabéns por un traballo excelente.
O SAN MARTIÑO
É unha
tradición que hai na Galicia rural e celébrase o 11 de
Novembro.Indica a chegada do
inverno e é cando fan a matanza
do porco nas
casas, sempre e
cando a Lúa
estea en Cuarto Minguante.
O porco
é alimentado con verdura,
patacas, fariña, millo, cebada, castañas, landras, herba , auga e tamén cos
alimentos que sobran
na casa. Engórdase ata o ano e
medio e pesan arredor
de 130 Kg.
A mellor
carne é a
da femia.
A persoa
encargada de matar
o porco chámase
matachín e hai
moi poucos .
A matanza
é unha tarefa
que hai que
facer durante varios
días e mantén
a división dos
traballos segundo o sexo
: os homes suxeitan
ao animal e
as mulleres elaboran
o que precisa
ser cociñado
e hai anos
as mulleres comían
separadas dos homes
que participaban na matanza.
O primeiro día
O matachín mata o porco na
porta da casa ou na adega, mentras varios homes terman del. O primeiro paso é o
sangrado, que prodúcese facendo un corte cun coitelo longo na gorxa.O sangue é
recollido nun barreño e batido sen parar polas mulleres e será empregado para
facer as filloas e os chourizos de sangue.
Logo é
chamuscado ou escaldado para quitarle os pelos e os pezuños.Despois ráspase a
pel cun coitelo e hai zonas onde tamén se lava con auga e outras nas que sálase
para eliminar a suciedade.
As mulleres
na casa, preparan a mesa para separar as tripas e sacarlle os recortes. Lávase
moi ben a graxa e ponse en sal.Coa graxa fanse os chicharróns ou roxóns e tamén o unto, que é afumado e colgado
durante varios días.
Este día
cocíñase a figadeira, que é un encebolado de sangue e fígado, que noutros
tempos comíanse por separado.Vai acompañada do viño e participan todos os que
traballaron na matanza.
Pola noite
o cocho queda aberto e pendurado na adega.
O segundo día
A
carne pódese salgar
ou afumar para conservala.Deixase en
en sal a
cachucha,espiñazo,os
lacons,os xamóns o corazón
os pulmons e
o rabo.
Logo as
mulleres preparan a
zorza(carne picada e
adobada coa que
farán os chourizos).Tamén pican
cebolas,que logo cocen
e escorrerán ata
o día seguinte.
O terceiro día
Coa zorza e a cebola cocida o día anterior enchénse os chourizos
de sangue ou cebola e despois os de carne.
Enchidos os chourizos remata a matanza.
3ºB
Suscribirse a:
Entradas (Atom)