Celebra o teu aniversario
Ademáis do video que xa vos ensinamos noutra entrada anterior agora ofrecémosvos algunhas ideas para que na data de celebración do vos aniversario non vos falte detalle ningún. Que o pasedes moi ben e que de hoxe nun ano o volvades celebrar cunha boa festa!
Esta información aparece no Portal da Xunta na parte de POLITICA LINGÜÍSTICA:
Prepara a túa festa
Unha festa de aniversario leva o seu traballo. Hai unha serie de cuestións que non deberías de esquecer para que todo saia a rachar:
- antes de nada, lembra pedirlles permiso aos teus pais
- que día é mellor para celebralo? Un venres á tarde? Un sábado? Pola semana?
- cantas persoas collen na miña casa?
- a quen vou convidar?
- que preparamos de merenda?
- prepara algún xogo divertido para pasar a tarde. Unha idea pode ser argallar xogos tradicionais nos que poidades participar todos, como a corda, a mariola, as chapas, o gato e o rato... tes unha chea deles! Trátase de pasalo o mellor posible.
Convite
Desde que teñas claro que amigos vas convidar á túa festa, pódeslles enviar un convite co día e mais a hora no que vas celebrar o aniversario.
Así podes estar seguro de que non se van esquecer. Oíches? Que non deixen de confirmarche a súa asistencia! Tes que saber cantos ides ser!
Aquí che propomos un convite moi especial, cos debuxos dos simpáticos Bolechas, que xa coñeces. Abofé que cun convite coma este así non che ha faltar ninguén. Ademais, nel podes poñer todos os datos que lle interesan aos teus amigos:
- o lugar onde se celebra a festa
- a data e a hora da celebración
- o teu teléfono para confirmar a asistencia
- o teu correo electrónico por se che queren comentar algo
Canción
Unha das cousas fundamentais que non debe falta en todo aniversario é unha boa torta para servir mentres se canta Parabéns para ti. Se non sabes a letra, velaquí a tes:
No hay comentarios:
Publicar un comentario