miércoles, 26 de octubre de 2016

Preparamos o Samaín



            Un ano máis no CEIP Rabadeira celebraremos o Samaín. Xa temos todo preparado, xunto coas nosas exposicións de froitos de outono.

A estas alturas da película xa non fica (ou non debería ficar) nin un só galego que coide que o “Halloween” é unha festa estranxeira, sen relazón algunha cos nosos costumes galegos máis tradicionais. Enténdase, claro, por tradicional, non aquilo que foi imposto pola igrexa cristiá na nosa terra, senón polos máis antigos ritos ancestrais dos nosos devanceiros, os celtas.

Hai aproximadamente 2600 anos chegaron a Galicia os pobos Celtas. Ademáis dos seus adiantos científicos e técnicos, como foi a metalurxia do ferro, tamén trouxeron a súa cultura e a súas crenzas. O igual que outros pobos bárbaros, os Celtas consideraban as cabezas dos seus inimigos máis que como un botín de guerra como o cerne dos misterios do ser humano. Crían que “aquel que posuíse unha caveira posuiría a forza máxica da súa pantasma”. Cando as colocaban en lugares estratéxicos non só lle concedían valores defensivos senon que tamén lles crían capaces de sucesos prodixiosos dende cánticos celestiais, arrepiuantes berros e sobre todo profecías verdadeiras. A festa do Samaín era a data máis perigosa do seu calendario posto que o mundo dos mortos, o “Outromundos”, facíase accesible para os mortais, podendo pasar a formar parte del por culpa dun feitizo ou meigallo. Cando chegaban as celebracións do Samaín (o chegaren aslongas noites escuras) tense por certo que os celtas colocaban unhas velas rudimentarias no interior das caveiras dos inimigos mortos, colocándoas nos cruces de camiños, nos arredores e nas muradas dos seus castros, co obxecto de arrepiaren os inimigos, para asombro e veneración das súas xentes e para esconxurar os perigos da celebración. É curioso que moitos anos despois o cristianismo escolleu estas datas para celebraren o día de defuntos e tódolos santos.
  • Foron moitos os pobos que ó longo da historia atoparon nas cabezas dos inimigos un elemento máxico de adoración e veneración, facéndose a carón seu rituais e costumes que aínda hoxe se atopan en pobos cun nivel de civilización semellante o que podían ter os Celtas cando chegaron a Galicia. É sen dúbida a festa de Hallowen o fenómeno cultural máis íntimamente vencellado á nosa tradición do tallado de caveiras. O mundo británico con raíces celtas semellantes ás galegas soubo manter e espallar polo planeta a diante esta tradición convertíndoa nun clásico moderno para a diversión do mundo infantil. No Hallowen, recoñecido como festa ou data de meigas e bruxas, os nenos tallan así mesmo caveiras nas cortizas dos melóns e aragallan disfraces onde o motivo recorrente son a morte, as meigas e o Outromundo, Festa que aínda hoxe segue a celebrarse o 1 de Novembro coma testemuño da memoria milenaria a un legado histórico impresionante. Non se trata pois de comparar o Samaín como unha copia do Hallowen, nin viceversa. As dúas celebracións son vestixios similares que arrancan das máis fondas raíces culturais e antropolóxicas que noutro tempo coincidían no pobo galego e no británico.
  • A cabaceira é unha planta de follas moles e amplas, cunhas flores comestibles de cor laranxa. O seu froito acada un grande tamaño e posúe unha cortiza dura que garda una carne polposa na que se sosteñen ducias de sementes chamadas pebidas. Soe plantarse a primeiros do verán no medio do maínzo porque aproveita as súas canas para prender os seus sarmentos. Necesita terreos húmidos e un tempo quente, soporta ben as terras ácidas por iso se da en Galicia. Existe unha grande diversidade de especies de cabaceiras (todas da familia das Cucurbitáceas), por exemplo a cabaza pasteleira, a cabaza de Senegal, a cabaza de San Pedro, a cabaza de California, a cabaza da India, etc.. En Galicia seméntanse varias especies de cabaceiras sendo a máis común e a máis extendida a Cucúrbita pepo ou cabaceira común.

         Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.
      
        Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou cabazos, ou calabazotes. Tradición que, grazas ás investigacións do profesor galego Lopez Loureiro, sabemos que se estende por toda a antiga xeografía céltica europea e concretamente para o caso de España, por todas as zonas con presencia do elemento céltico ben documentado. En Galiza atopámola en toda a súa xeografía, non faltando esta tradición en ningunha das súas bisbarras e aportando un folclore similar aínda que dándolles nomes diferentes: calacús polas Rías Baixas, caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense...etc.



jueves, 30 de enero de 2014

DÍA DA PAZ

Hoxe, 30 de xaneiro no cole da Rabadeira celebramos o día da paz. Entre todo o alumnado de primaria fixemos unha cadea humana formando dous grandes círculos.

E entre o alumnado de infantil formamos a palabra paz. 

Unha vez que estivemos todas e todos colocadas/os collémonos das mans para  cantar e bailar varias cancións da paz. Foi moi divertido!

 

 

O alumnado de educación infantil elaboramos murais para a paz


E así foi como quedaron:




 
 
 

MURAL DA PAZ DE PRIMARIA

Todo o alumnado de primaria colaborou para a elaboración dos murais da paz.

E así foi como quedaron:

 





 
 
 

Facemos un mural para a paz

coa cara de Nelson Mandela empregando a

técnica do puntillismo





 
 


NELSON MANDELA

No colexio da Rabadeira, este ano quixemos homenaxear a Nelson Mandela falecido recentemente, e quen tamén está considerado como un sinónimo da palabra paz.


 
 

Aquí tedes ao home que dixo:

"A educación é a arma máis potente para cambiar o mundo"

 

 
 
 

DÍA DA PAZ

 
 

Hoxe, día 30 de xaneiro de 2014, cúmprense 66 anos do asasinato de Mahatma Gandhi, como todas/os sabedes, un home considerado o maior exponente do pacifismo mundial.


 

En España no ano 1964, o poeta e pacifista mallorquín Llorenç Vidal dispuxo este día como punto de partida para comezar unha educación non violenta baseada nos valores pacíficos.

 
 

miércoles, 13 de noviembre de 2013

Contos de medo

Os alumnos do terceiro ciclo escriben
contos de medo na semana do Samaín
para participar nun concurso de contos
de medo. Aquí tedes algúns exemplos de contos gañadores:






poema sobre o outono

Os alumnos de 4º de primaria fixeron poemas sobre o outono. Aquí tedes unha pequena mostra.

martes, 7 de mayo de 2013

Canción adicada a VIDAL BOLAÑO


TEXTOS de ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Neste video podedes  ver  e ler  anacos  da  obra de Vidal Bolaño  de cara  aos máis pequerrechos.

OS LUGARES DE VIDAL BOLAÑO

Neste video  veredes  algúns dos lugares  onde  transcurríu  a vida  de Roberto Vidal Bolaño: Santiago e  Brión.

WEBQUEST sobre ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Aquí tedes  unha  webquest  para que os  alumnos  do 3º ciclo  aprendan sobre  o  autor .

Sobre ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Unha presentación sobre  a  vida  e  obra  do autor  feita polo CEIP CONDE DE FENOSA

Libro LIM do CEIP VALES VILLAMARIN

Esta actividade vai adicada  aos pequenos do  colexio , Infantil e  1º ciclo.

BRINCALETRAS

Outra actividades maís para  realizar sobre o autor.