viernes, 31 de enero de 2014
jueves, 30 de enero de 2014
DÍA DA PAZ
Hoxe, 30 de xaneiro no cole da Rabadeira celebramos o día da paz. Entre todo o alumnado de primaria fixemos unha cadea humana formando dous grandes círculos.
E entre o alumnado de infantil formamos a palabra paz.
Unha vez que estivemos todas e todos colocadas/os collémonos das mans para cantar e bailar varias cancións da paz. Foi moi divertido!
MURAL DA PAZ DE PRIMARIA
Todo o alumnado de primaria colaborou para a elaboración dos murais da paz.
E así foi como quedaron:
NELSON MANDELA
No colexio da Rabadeira, este ano quixemos homenaxear a Nelson Mandela falecido recentemente, e quen tamén está considerado como un sinónimo da palabra paz.
Aquí tedes ao home que dixo:
"A educación é a arma máis potente para cambiar o mundo"
DÍA DA PAZ
Hoxe, día 30 de xaneiro de 2014, cúmprense 66 anos do asasinato de Mahatma Gandhi, como todas/os sabedes, un home considerado o maior exponente do pacifismo mundial.
En España no ano 1964, o poeta e pacifista mallorquín Llorenç Vidal dispuxo este día como punto de partida para comezar unha educación non violenta baseada nos valores pacíficos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)