O Samaín chegou a Educación Infantil...
As nenas e nenos de 5 anos vestimos á Bruxa “Mel” e a colocamos na exposición de cabazas que fomos traendo da casa. Ademais ó longo da semana fomos lendo arrepiantes contos de medo como
“A bruxa regañadentes”, “O home do saco”, “A momia”, “O vampiro”, “Lobo feroz”, “Un pesadelo no meu armario”, “Jack o linterna”…
“A bruxa regañadentes”, “O home do saco”, “A momia”, “O vampiro”, “Lobo feroz”, “Un pesadelo no meu armario”, “Jack o linterna”…
A nai de Daniel Fernández de 6º A, Eva, quixo vir ó cole a contarnos a historia do Samaín e xunto con Dani contáronnos como se baleiran as cabazas e se deixan accesas diante das casa alá pola zona de Ferrol de onde son eles.
Ó longo destes días fixemos pavorosas pantasmas con tea branca,castañas,chinchetas…ou con servilletas e algodón. E tamén unhas simpáticas meigas con culleres de madeira e cos propios conxuros máxicos.
E por suposto baleiramos a nosa cabaza axudados polos nenos de 4 anos. Foi un traballo duro pero contamos coa axuda da profe María que tivo maña para abrila. Todos puxemos o noso gran de area para baleirala e decorala con froitos de outono. E por suposto cantamos cantigas de medo e contamos contos de medo mentres as alumeamos…buuuu