Un ano máis no CEIP Rabadeira celebraremos o Samaín. Xa temos todo preparado, xunto coas nosas exposicións de froitos de outono.
A estas alturas da película xa
non fica (ou non debería ficar) nin un só galego que coide que o
“Halloween”
é unha festa estranxeira, sen relazón algunha cos nosos costumes
galegos máis tradicionais. Enténdase, claro, por tradicional, non
aquilo que foi imposto pola igrexa cristiá na nosa terra, senón
polos máis antigos ritos ancestrais dos nosos devanceiros, os
celtas.
Hai aproximadamente 2600 anos
chegaron a Galicia os pobos Celtas. Ademáis dos seus adiantos
científicos e técnicos, como foi a metalurxia do ferro, tamén
trouxeron a súa cultura e a súas crenzas. O igual que outros pobos
bárbaros, os Celtas consideraban as cabezas dos seus inimigos máis
que como un botín de guerra como o cerne dos misterios do ser
humano. Crían que “aquel que posuíse unha caveira posuiría a
forza máxica da súa pantasma”. Cando as colocaban en lugares
estratéxicos non só lle concedían valores defensivos senon que
tamén lles crían capaces de sucesos prodixiosos dende cánticos
celestiais, arrepiuantes berros e sobre todo profecías verdadeiras.
A festa do Samaín era a data máis perigosa do seu calendario posto
que o mundo dos mortos, o “Outromundos”, facíase accesible para
os mortais, podendo pasar a formar parte del por culpa dun feitizo ou
meigallo. Cando chegaban as celebracións do Samaín (o chegaren
aslongas noites escuras) tense por certo que os celtas colocaban
unhas velas rudimentarias no interior das caveiras dos inimigos
mortos, colocándoas nos cruces de camiños, nos arredores e nas
muradas dos seus castros, co obxecto de arrepiaren os inimigos, para
asombro e veneración das súas xentes e para esconxurar os perigos
da celebración. É curioso que moitos anos despois o cristianismo
escolleu estas datas para celebraren o día de defuntos e tódolos
santos.
- Foron moitos os pobos que ó longo da historia atoparon nas cabezas dos inimigos un elemento máxico de adoración e veneración, facéndose a carón seu rituais e costumes que aínda hoxe se atopan en pobos cun nivel de civilización semellante o que podían ter os Celtas cando chegaron a Galicia. É sen dúbida a festa de Hallowen o fenómeno cultural máis íntimamente vencellado á nosa tradición do tallado de caveiras. O mundo británico con raíces celtas semellantes ás galegas soubo manter e espallar polo planeta a diante esta tradición convertíndoa nun clásico moderno para a diversión do mundo infantil. No Hallowen, recoñecido como festa ou data de meigas e bruxas, os nenos tallan así mesmo caveiras nas cortizas dos melóns e aragallan disfraces onde o motivo recorrente son a morte, as meigas e o Outromundo, Festa que aínda hoxe segue a celebrarse o 1 de Novembro coma testemuño da memoria milenaria a un legado histórico impresionante. Non se trata pois de comparar o Samaín como unha copia do Hallowen, nin viceversa. As dúas celebracións son vestixios similares que arrancan das máis fondas raíces culturais e antropolóxicas que noutro tempo coincidían no pobo galego e no británico.
- A cabaceira é unha planta de follas moles e amplas, cunhas flores comestibles de cor laranxa. O seu froito acada un grande tamaño e posúe unha cortiza dura que garda una carne polposa na que se sosteñen ducias de sementes chamadas pebidas. Soe plantarse a primeiros do verán no medio do maínzo porque aproveita as súas canas para prender os seus sarmentos. Necesita terreos húmidos e un tempo quente, soporta ben as terras ácidas por iso se da en Galicia. Existe unha grande diversidade de especies de cabaceiras (todas da familia das Cucurbitáceas), por exemplo a cabaza pasteleira, a cabaza de Senegal, a cabaza de San Pedro, a cabaza de California, a cabaza da India, etc.. En Galicia seméntanse varias especies de cabaceiras sendo a máis común e a máis extendida a Cucúrbita pepo ou cabaceira común.
Samaín, palabra gaélica, non significa máis que
fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura
céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao
1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se
reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar
as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as
portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar
este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.